Efeverde en Galego

Galicia supera as 20.000 hectáreas quemadas en incendios forestais este ano

  • No que vai de ano 68 persoas foron investigadas pola Policía autonómica e a Garda Civil pola presunta autoría de máis dun centenar de incendios forestais

Galicia supera as 20.000 hectáreas quemadas en incendios forestais este ano Fotografía de arquivo dun brigadista nun incendio forestal. EFE/Lavandeira jr

Efeverde.- Os incendios forestais han queimado no que vai de ano (ata o 31 de agosto) en Galicia 20.347 hectáreas, case a metade de superficie arborizada (9.399 hectáreas).

O Consello da Xunta analizou hoxe un informe presentado pola Consellería do Medio Rural sobre os incendios forestais no que vai de ano e na última década, no que, entre outros datos, sinala que tres de cada catro incendios (75%) no últimos dez anos foron intencionados, cifras similares ás deste ano (73%).

A media de intencionalidade en España no mesmo período, a última década, sitúase entre o 60 e o 63%, máis de dez puntos menos.

Incendios forestais

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, incidiu en conferencia de prensa en que Galicia ten “un problema serio” que cualificou de “estrutural” nos últimos anos cos incendios forestais intencionados.

“En Galicia hai moitos incendios porque hai moita intencionalidade e actividade delituosa, lamentablemente”, afirmou o presidente galego, que indicou que aínda que a cantidade de hectáreas ardidas este ano é superior a anos anteriores e á previsión, houbo menos incendios, 2.350 incendios de momento, pero “máis virulentos”.

Falou das condicións climáticas deste ano, o “máis seco” desde que hai rexistros, con altas temperaturas e fortes refachos de vento ao que se uniu o inicio pola noite dunha parte importante dos lumes e con máis dun foco ao mesmo tempo.

incendio

Fotografía das chamas do incendio forestal na localidade ourensá de Entrimo. EFE/Brais Lorenzo.

A estas circunstancias hai que unir que “miles de hectáreas de monte raso” queimáronse por incendios procedentes de Portugal, que non puideron ser atallados a tempo no país veciño.

O informe presentado hoxe sinala tamén que na última década o 30 por cento dos incendios tiveron o seu primeiro foco despois do ocaso e no 8% dos lumes había máis dun foco ao mesmo tempo.

Alta actividade incendiaria

Outro dato citado por Núñez Feijóo é a concentración dos incendios en determinada parroquias, xa que en 67 delas, denominadas de alta actividade incendiaria e que supoñen o 3,6 por cento da superficie forestal, rexistráronse o 14% dos incendios.

No que vai de ano 68 persoas foron investigadas pola Policía autonómica e a Garda Civil pola presunta autoría de máis dun centenar de incendios forestais.

O departamento autonómico de Medio Rural indicou tamén ao resto do gabinete as actuacións que xa está a levar a cabo e as previstas para a consolidación e restauración de terreos afectados nos incendios.

De momento reforzáronse con palla, tanto desde terra como desde o aire, unhas 95 hectáreas de terreo, instaláronse 3,5 quilómetros de barreiras filtrantes para impedir que as cinzas e a terra queimada chegue aos ríos ou ao mar, limpáronse 20 quilómetros de pistas e reparáronse máis de 16 quilómetros de infraestruturas viarias, asegurou Núñez Feijóo. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies