O incendio de Rianxo comezou por unha faísca do tendido eléctrico

EFEverde en Galego

O incendio de Rianxo (A Coruña) comezou por unha faísca do tendido eléctrico

O incendio de Rianxo (A Coruña) comezou por unha faísca do tendido eléctrico Fotografía do pasado venres de veciños de Rianxo observando o incendio. EFE/Lavandeira jr

O incendio forestal que a pasada semana arrasou 1.162 hectáreas en Dodro e Rianxo (A Coruña) tivo a súa orixe nun tramo da instalación de distribución de enerxía eléctrica, alta tensión, no lugar de Bexo, en Dodro.

Segundo comunicou este luns a Xunta de Galicia, axentes do Grupo de Incendios da unidade adscrita da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, estableceron a orixe do incendio neste punto no que, segundo detalla o Goberno galego, detectouse “unha avaría nun poste do que saían faíscas que caían ao chan onde se sitúa o inicio do incendio”.
Por este motivo, enviouse un atestado ao xulgado de instrución en funcións de garda de Padrón (A Coruña), para que tome as medidas oportunas.
A pasada semana, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comentou que se se confirmaba que a orixe do lume fose o tendido eléctrico, como xa se barallaba, o Goberno galego valoraría “a posibilidade de trasladar a factura da extinción á empresa” enerxética.
“Fai falta confirmación do dato. Se é así, a nosa obrigación é que o responsable do lume ten que pagar, sexa unha empresa ou un particular; non hai dúbidas respecto diso”, dixo o pasado xoves Núñez Feijóo. EFEverde
 



Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com