EFEverde en Galego

Un incendio forestal con dez focos en Pena Trevinca afecta a Rede Natura

  • Fontes de Medio Rural precisaron que o lume, actualmente controlado, non entraría ao Teixedal de Casaio, un dos maiores bosques de teixos de Europa.

Un incendio forestal con dez focos en Pena Trevinca afecta a Rede Natura Fotografía de arquivo dun bombeiro nos labores de extinción dun incendio forestal. EFE/Brais Lorenzo

EFEverde.-  Un incendio forestal declarado este pasado domingo, con dez focos, na zona de Carballeda de Valdeorras (Ourense), calcinou por agora máis de 15 hectáreas, a maior parte en zona de Rede Natura 2000, segundo confirmaron á Efe servizos de extinción e a Consellería do Medio Rural.

O primeiro incendio produciuse onte ás 10.55 horas, na parroquia de Casaio (Carballeda) e horas despois rexistráronse novos focos na zona da serra de Pena Trevinca, o que suscitou a alarma dos veciños pois eran lugares de difícil acceso, feito que imposibilitou nalgúns casos a chegada de medios terrestres.

Nos labores de extinción, participan actualmente dous técnicos, 10 axentes forestais, 15 brigadas e tres helicópteros.

Segundo detallou a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, trátase en todos os casos de “focos pequenos” que afectan principalmente “zona de mato” e “monte baixo”, catalogado como Rede Natura polo seu alto valor ecolóxico.

Fontes de Medio Rural precisaron que o lume, actualmente controlado, non entraría ao Teixedal de Casaio, un dos maiores bosques de teixos de Europa.

O fume do incendio, con varios quilómetros de fronte, fíxose visible onte desde Ponferrada (León) e varias zonas da provincia, e puxo en alerta medios de extinción de todos os distritos forestais de Ourense, con brigadas de terra e helicópteros.

Actualmente, todos os focos “están controlados” e “ningún supera as vinte hectáreas”, concretou Medio Rural.

Esta mesma parroquia sufrira outro incendio a finais de outubro de 2014 no que se calcinaron cerca de corenta hectáreas. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies