Efeverde en Galego

Controlado o incendio de Cea (Ourense) con 170 hectáreas arrasadas

  • Este lume orixinouse o pasado domingo, ás 19:23

Controlado o incendio de Cea (Ourense) con 170 hectáreas arrasadas Varios brigadistas ante o incendio forestal en San Cristovo de Cea (Ourense). EFE/Brais Lorenzo

Efeverde.- O incendio rexistrado no concello ourensán de San Cristovo de Cea quedou controlado seis minutos despois das nove de hoxe e, en base ás últimas estimacións provisionais, a superficie afectada manténse en 170 hectáreas, informou no parte matutino a Consellería do Medio Rural.

Este lume orixinouse o pasado domingo, ás 19:23, e na súa extinción estiveron traballando dous técnicos, catorce axentes, cincuenta brigadas, vinte motobombas, tres pás, seis helicópteros e tres avións.

As chamas que, nesta mesma provincia, tomaron a parroquia de Tintores, en Verín, e que se iniciaron ás 17:55 da xornada do día 28 quedaron apagadas ás 21:51 de onte á noite e, neste caso, os danos cifráronse, de maneira oficiosa, en 35,24 hectáreas, 11,67 agrícolas, 22,13 monte raso e o resto arborizado.

O dispositivo estivo conformado neste caso por dous técnicos, nove axentes, 21 brigadas, nove motobombas, unha pa, sete helicópteros e outros tantos avións. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies