EFEVERDE EN GALEGO

Imputados dous homes por senllos incendios forestais en Avión e Cortegada

  • Ademáis, outro home foi imputado por un incendio acontecido o pasado 6 de xullo na parroquia de Barroso, no Concello de Avión.

Imputados dous homes por senllos incendios forestais en Avión e Cortegada Recurso de archivo EFE de un incendio en Galicia

Ourense (EFEverde Galego).- A Policía Autonómica de Ourense informou da imputación esta semana de dous homes como presuntos autores de senllos incendios forestais acontecidos nas localidades ourensás de Avión e Cortegada.

Segundo informou a Xunta de Galicia, o primeiro dos incendios foi provocado por unha máquina rozadora e afectou a unha superficie de 13.000 metros cadrados de monte arborado e outros mil metros de monte raso no segundo.

Ademáis, outro home foi imputado por un incendio acontecido o pasado 6 de xullo na parroquia de Barroso, no Concello de Avión.

Este lume afectou a unha superficie de 8.700 metros cadrados de monte raso e as dilixencias foron remitidas, como no primeiro caso, ao xulgado de garda de Ribadavia.

A Administración autonómica sinalou que as devanditas imputacións se levaron a cabo grazas á colaboración existente entre os axentes autonómicos e as brigadas de investigación sobre Incendios Forestais (BIIF), cuxo persoal depende da Consellería do Medio Rural e do Mar.

No que vai de ano, a policía autonómica imputou 29 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais. EFE

lrt/jl/am




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies