EFEverde en Galego

Imputado o autor dun incendio forestal en Porto do Son (A Coruña)

  • O incendio afectou a 11.400 metros cadrados de arboledo forestal.

Imputado o autor dun incendio forestal en Porto do Son (A Coruña) Fotografía de arquivo dun bombeiro. EFE/Lavandeira jr

EFEverde.- A Policía Autonómica imputou a un residente no municipio coruñés de Porto do Son como presunto autor dun incendio forestal neste concello.

Os axentes pensan que esta persoa provocou o lume rexistrado o pasado martes 20 de outubro no lugar de Rial, na parroquia de San Pedro de Muro, que empezou con varias queimas forestais sen a preceptiva comunicación á Consellería do Medio Rural.

Informa Vicepresidencia da Xunta a través dun comunicado de que nestas queimas non se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas e que afectou a 11.400 metros cadrados de arboledo forestal.

Por estes feitos tramitáronse dilixencias remitidas ao xulgado de instrución en funcións de garda de Noia nun ano no que xa hai 67 imputados por delitos de incendio forestal. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies