EFEverde en Galego

A iluminación dun parque de Lugo adaptarase a luz ambiental e terá GPS

  • Incluirá tecnoloxía de última xeración.

A iluminación dun parque de Lugo adaptarase a luz ambiental e terá GPS Imaxe dun farol roto. EFE/Eliseo Trigo

EFEverde.- A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe o proxecto que executará a institución provincial para iluminar un dos dous parques periurbanos que rodean a cidade, o paseo do río Rato, e que incluirá tecnoloxía de última xeración como "xeolocalización por GPS" ou un software para regular a intensidade lumínica.

Acompañada polo alcalde da capital lucense, José López Orozco, Lara Méndez confirmou que a nova iluminación do Paseo do Rato disporá dun software de “última xeración” para adaptar a intensidade lumínica ás propias condicións ambientais e ás diferentes faixas horarias.

Tamén disporá dun “sistema de seguridade por GPS” que permitirá localizar aqueles puntos de luz que fosen subtraídos ou que teñan algunha avaría.

Por outro lado, a nova iluminación tamén disporá dunha instalación “anti-vandálica”, que substituirá a condución mediante cables de cobre por aluminio, precisamente para evitar os roubos que habitualmente se producen neste tipo de sistemas.

Ademais, estará “preparada para inundacións”, lembrou Lara Méndez, de modo que a instalación estará situada a unha “distancia do chan maior do que é habitual”.

Méndez confirmou que o investimento previsto neste proxecto ascende a 1,4 millóns de euros. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies