EFEverde en Galego

Identificadas 33 persoas nunha operación contra o furtivismo

  • Se dedicaban ao marisqueo ilegal.

Identificadas 33 persoas nunha operación contra o furtivismo Fotografía de arquivo. Marisqueo ilegal. EFE

Axentes do Servizo de Gasdacostas en colaboración coa Policía Autonómica realizaron unha operación contra o furtivismo nas rías do Burgo e Arousa na que identificaron 33 persoas e comisaron 79 quilos de marisco e 23 aparellos.

Os aparellos e o marisco, berberecho e ameixa, foron requisados na zona da Pasaxe, na ría do Burgo, onde os axentes comisaron unha embarcación de madeira, sen folio, cinco raños, seis pranchas de polistireno, seis cortizas, tres cestos e dúas redes e identificaron 16 persoas.

Na mesma operación, mais na ría de Arousa, os funcionarios identificaron 17 persoas nas zonas de Barraña e Mañóns, en Boiro, cando se dedicaban ao marisqueo ilegal, aínda que puideron lanzar ao mar tanto as capturas como os útiles que empregaban.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra nun comunicado o perigo que supón o consumo de marisco extraído e comercializado sen ningún tipo de control que o avale, polo que advirte de que non se compre fóra das vías legais. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com