EFEverde en Galego

Hoxe a xornada estará marcada polas altas temperaturas

Galicia continuará hoxe baixo a influencia do anticiclón situado nas illas Británicas, o que favorecerá a entrada de aire cálido do sur peninsular, polo que será unha xornada marcada polas altas temperaturas.

MeteoGalicia predí ceo limpo, con formación de nubes de carácter tormentoso durante a tarde na metade sur.

As temperaturas experimentarán un ascenso entre leve e moderado, polo que os valores serán elevados en xeral, con posibilidade de superar os 30 graos en puntos de Ourense e do sur de Lugo.

Os ventos soprarán de compoñente leste, con forte intensidade no extremo norte e tendendo a diminuír canto máis ao sur e haberá réxime de brisas durante a tarde nas rías Baixas.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 11° 28°

Ferrol 12° 28°

Lugo 8° 25°

Ourense 10° 30°

Pontevedra 15° 28°

Santiago de Compostela 13° 27°

Vigo 17° 28°

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do leste de mañá e do nordeste á tarde e á noite, forza 6 a 7. Mar de vaga. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2 metros de mañá, 1,5 a 2 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Ferrol-Bares: Vento do nordeste de mañá e á tarde e do leste á noite, forza 6 a 7 de mañá, 6 a 8 á tarde e 7 a 8 á noite. Media vaga de mar de mañá e á tarde e mar de vaga á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2 metros de mañá, 1,5 a 2,5 á tarde e 2 a 3 á noite.

Ártabro: Vento do nordeste, forza 5 a 6. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2 metros de mañá, 1,5 a 2,5 á tarde e 2 a 3 á noite.

Costa da Morte: Vento do nordeste, forza 3 a 5 de mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía de mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2 metros de mañá, 1,5 a 2,5 á tarde e 2 a 3 á noite.

Rías Baixas: Vento do leste de mañá e á noite e do noroeste á tarde. Forza 2 a 3 de mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado de mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies