Hoxe chega unha nova borrasca, con chuvias débiles

Santiago de Compostela, (EFEverde en Galego).- Unha nova borrasca achégase hoxe a Galicia, cun sistema frontal asociado, que traerá unha xornada gris, con chuvias de carácter débil en xeral, con algún intervalo de moderado e aumentando en intensidade contra a noite.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos e os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, con refachos fortes no litoral atlántico de mañá e tendendo a amainar á tarde.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 9° 17°, Ferrol 10° 16°, Lugo 6° 14°, Ourense 8° 13°,

Pontevedra 8° 14°, Santiago de Compostela 7° 12° e Vigo 9° 13°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do sur de mañá, variable á tarde e do suroeste á noite, forza 3 a 4 de mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía de mañá e maraxe á tarde e á noite. Visibilidade regular de mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Ferrol-Bares: Vento do sur de mañá e do suroeste á tarde e á noite,

forza 3 a 5 de mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía de mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1,5 a 2,5 metros de mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Ártabro: Vento do sur de mañá e do suroeste á tarde e á noite, forza 4 a 5 de mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía de mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1,5 a 2,5 metros de mañá e 1 a 2 á tarde e á noite.

Costa da Morte: Vento do sur de mañá e do suroeste á tarde e á noite,

forza 6 a 7 de mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Media vaga de mar de mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala.

Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1,5 a 2,5 metros.

Rías Baixas: Vento do sur de mañá e á tarde e do suroeste á noite,

forza 6 a 7 de mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar de vaga de mañá, marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 1,5 a 2,5 metros. EFE.

jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies