EFEverde en Galego

Goberno, Xunta e confrarías alíanse nunha fronte común contra o furtivismo

  • En 2014 realizáronse 16.400 inspeccións de Gardacostas, fronte ás 15.500 do ano anterior, case 900 máis, segundo datos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Goberno, Xunta e confrarías alíanse nunha fronte común contra o furtivismo Reunión para tratar posibles actuacións conxuntas en materia de loita contra o furtivismo. EFE

EFEverde.- O Goberno central, a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores mantiveron hoxe unha reunión para intensificar a súa coordinación e colaboración na erradicación do furtivismo, que será delito penal para quen reincidiren neste comportamento.

“Hai furtivismo porque hai alguén que compra ese produto”, subliñou o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, minutos antes do encontro centrado en combater este problema “de orde pública e económica”.

Actuacións conxuntas

Precisamente, a esta reunión en que serán tratadas actuacións conxuntas para loitar contra o furtivismo asisten o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, José María Feliz; e o inspector xefe adxunto da Unidade de Policía Adscrita, Antonio Riádigos.

Resultado desta colaboración, os controis especiais contra o furtivismo dos servizos de Gardacostas e a Policía Autonómica triplicáronse no ano 2014, até alcanzar os 1.600, tanto en establecementos como bares e restaurantes, en camións por estrada ou en saídas ao mar de barcos e lanchas.

En 2014 realizáronse 16.400 inspeccións de Gardacostas, fronte ás 15.500 do ano anterior, case 900 máis, segundo datos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

A xarda, o xurelo e a ameixa foron, por esta orde, as especies extraídas por furtivos máis comisadas en 2014, cando se incautaron 100.800 quilos fronte aos 240.000 do ano anterior.

Fórmulas de coordinación 

A pesar de que descenden as incautacións, o problema persiste e “preocupa” a Administración e os propios profesionais do sector, e por iso procuran fórmulas de coordinación para atallalo, indicou Villanueva, quen lembrou que en 2014 os Corpos de Seguridade do Estado presentaron máis de 3.700 denuncias e comisaron máis de 40.000 quilos de marisco.

Por iso, subliñou a transcendencia da emenda, presentada polo PP, ao Proxecto de lei de reforma do Código penal, pola que se tipificará por vez primeira como delito o furtivismo no marisqueo, con penas de entre seis meses e dous anos de prisión se se puxer en risco a sustentabilidade dos recursos.

“É algo necesario” e “moi positivo para erradicar este tipo de condutas”, dixo o delegado do Goberno.

A conselleira do Medio Rural e do Mar coincidiu en destacar a preocupación da Xunta por este tema, no que traballa desde que accedeu ao cargo, no que afrontou unha “pelexa constante” para lograr esta modificación no Código penal sobre o furtivismo reincidente.

A razón é protexer non só a saúde dos consumidores e o traballo dos mariscadores con licenza, senón ademais a marca de calidade galega.

“Podemos presumir de calidade sempre que o produto vaia por vías legais”, aseverou, unha misión na que se aliaron as administracións, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, o Servizo de Gardacostas e as Confrarías de Pescadores ante o furtivismo, que non se está incrementado senón que baixan infraccións e, entre tanto, aumentan as inspeccións e controis.

Por iso, a conselleira trasladou certo optimismo a pesar de que “aínda quedan moitos furtivos”, unha actividade estendida “por igual” en todo o litoral galego, con especial incidencia en Ferrol e Arousa.

Quintana reiterou que “se non hai quen compre non hai quen colla”, polo que, ademais, pediu a colaboración cidadá para evitar a proliferación desta actividade ilegal.

“Imos por todos”, advertiu.

Reforma penal

Por parte das Confrarías de Pescadores, o presidente da Federación expresou satisfacción pola reforma penal e o seu agradecemento por reunións como a de hoxe, para encamiñar unha loita “máis eficiente e eficaz” contra os furtivos ante a “insuficiencia” de medios con que contan.

“De aí a importancia de intentar coordinar todos os esforzos para non dar paus de cego”, explicou Tomás Fajardo, nunha actividade, a furtiva, que protagoniza “agresións continuas e constantes” nos últimos tempos.

Neste sentido, asegurou que aínda que este poida ser o único medio de vida para algunhas persoas, “non se pode favorecer a quen realiza unha actividade ilegal en detrimento doutra persoa en lista de espera” para conseguir unha licenza, e menos cando “se utiliza a violencia”, ante a que confesou que se ven “incompetentes” para poder afrontala. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies