PESCA PESCADA

Goberno reparte a pescada cantábrica entre 121 barcos de palangre e volanta

  • Incluídos no plan de recuperación da especie vixente para augas ibéricas

Goberno reparte a pescada cantábrica entre 121 barcos de palangre e volanta Fotografía de arquivo dun barco saíndo a faenar.EFE/Salvador Sas

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Ambiente publicou hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) a repartición da pesca de pescada do Cantábrico Noroeste en 2014, para as frotas de palangre de fondo e volanta, que en total suman 121 barcos.

Trátase de dúas resolucións da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio, unha sobre o censo de palangreiros de fondo (70 navíos), así como a súa cota individual de pescada, e outra, que afecta á asignación de capturas para a relación de embarcacións de volanta (51).

Todos estes navíos están incluídos no plan de recuperación da especie vixente para augas ibéricas, polo que teñen unha limitación de días no mar.

Isto significa que poderán pescar 127 días entre 1 de febreiro de 2014 e 31 de xaneiro de 2015.

Non obstante, segundo as resolucións, se un navío pode demostrar que as súas capturas de pescada representan menos de 4% do peso vivo total do peixe extraído nunha marea, os días asociados a esa xornada non serán contabilizados para o cómputo máximo anual.

No caso dos palangreiros, o Ministerio engadiu unha lista de 22 navíos que se poderán acoller á “condición especial” de días de pesca ilimitados se as súas capturas non superaren as cinco toneladas.

Para os navíos de volanta, aplicarase esa posibilidade a uns seis barcos. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com