EFEverde en Galego

Gardacostas comisa máis de 1,8 toneladas de peixe e marisco

  • Os inspectores da Xunta, informa un comunicado, tamén se fixeron con 3.950 metros de artes de enmalle.

Gardacostas comisa máis de 1,8 toneladas de peixe e marisco Fotografía de arquivo de marisco comisado. EFE

EFEverde.- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 1.840 quilos de peixe e marisco e 237 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados polo litoral galego nos últimos días.

Na ría de Muros e Noia os gardacostas comisaron 1.773 quilos de diversas especies e incautaron 3.600 metros de artes de enmalle e 69 artes de pesca.

O operativo máis destacado tivo lugar na reserva mariña dos Miñarzos, onde os inspectores da Xunta fixéronse con 1.755 quilos de cría de mexillón.

Por outra banda, na ría de Arousa realizáronse varios operativos que deron como resultado o comiso de máis de 51 quilos de diversas especies e a incautación de 140 aparellos de pesca e 200 metros de artes de enmalle.

A actuación máis relevante foi nun control rexistrado na zona de Sálvora e Portomouro, onde se incautaron de 111 nasas de polbo, 22 de centola e 7 de choco e as especies que contiñan, 15 quilos de polbo, 6 de centola e 10 de choco.

Os axentes requisaron este material porque se atopaba todo sen identificar.

Na ría de Vigo tamén se rexistraron diversas actuacións deste servizo. Nelas, os inspectores comisaron 15 quilos de peixe e marisco, 150 metros de artes de enmalle e 11 útiles de pesca.

O operativo máis destacable desenvolveuse no peirao de Canido, onde os axentes fixéronse con 7 nasas de ferro e cos 8 quilos de centola e 2 de nécora que contiñan.

Ademais nun control realizado na zona do Couto, na ría de Ferrol, os axentes comisaron preto de 3 quilos de ameixa babosa.

Por outra banda, na ría de Ares-Betanzos os inspectores tamén se fixeron con 17 nasas de nécora por carecer de identificación. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies