EXPOSICIÓN SANTIAGO

García participa na inaguración en Santiago da mostra Saúde e Terra, Irmá(n)s

  • .

García participa na inaguración en Santiago da mostra Saúde e Terra, Irmá(n)s Arquivo EFE

Santiago de Compostela, 7 xul (EFE/Galego).- A Consellería de Cultura e Educación, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán en San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego, no acto inaugural da exposición conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala "Saúde e Terra, irmá(n)s".

Na súa intervención, o responsable da política lingüística da Xunta animou os composteláns e compostelás a visitar esta mostra que busca difundir o labor realizado no seu día polas Irmandades a prol da lingua galega “co ánimo de que ese coñecemento sirva de estímulo e de exemplo para a cidadanía do século XXI”.

Tal e como apuntou García Gómez, aínda que hoxe nos enfrontamos “a retos novos que nos esixen innovadoras estratexias e métodos de promoción do galego”, o espírito debe ser “o mesmo que guiou aquelas persoas que, hai un século, se sentiron xunguidas como irmás na defensa do idioma”. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies