Galicia amence con ventos de até 80 quilómetros por hora na costa

EFEverde en Galego

Galicia amence con ventos de até 80 quilómetros por hora na costa

Galicia amence con ventos de até 80 quilómetros por hora na costa Peóns abrigados contra o frío e o vento. EFE/Jesús Diges

EFEverde.- A costa galega amenceu hoxe con ventos de entre 70 e 80 quilómetros por hora e chuvias que alcanzaron os 15 litros por metro cadrado, aínda que non se rexistraron incidencias relevantes por causa do temporal, informan a Efe fontes do Meteogalicia e de Emerxencias 112.

No litoral da provincia da Coruña, entre Malpica e Bares, o vento soprou cunha intensidade de 80 quilómetros por hora, mentres que en zonas de montaña, como Cabeza de Manzaneda, estes refachos superaron os cen quilómetros por hora.

O interior de Galicia contou con refachos máis suaves, de entre 30 e 40 quilómetros por hora.

No referente á chuvia, os valores máis significativos contabilizáronse na provincia de Pontevedra, o norte da Coruña e o oeste de Ourense, con 15 litros por metro cadrado.

Está previsto que ao mediodía de hoxe as condicións meteorolóxicas sexan complicadas en varios puntos da costa coruñesa, segundo Meteogalicia, polo que o ambiente será desapracible, con chuvias xeneralizadas de intensidade moderada acompañadas de ventos fortes.

As temperaturas, máis suaves, serán o único agradable do día. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com