EFEverde en Galego

Galicia, espectadora privilexiada da eclipse solar de 20 de marzo

  • Calcúlase que comezará ás 9.05, co seu momento álxido ás 10.09, e a súa finalización ás 11.18.

Galicia, espectadora privilexiada da eclipse solar de 20 de marzo Fotografía de arquivo dun afeccionado á astronomía observando unha eclipse parcial de Sol. EFE

EFEverde.-  A eclipse de Sol do día 20 de marzo poderá verse con gran magnitude en Galicia, ao estar situada no lugar en que terá mellor visibilidade o fenómeno xusto no momento en que a lúa se sobrepoña totalmente á estrela.

Ante este fenómeno tan pouco usual, especialistas como o director do Observatorio da USC, José Ángel Docobo, advertiu da importancia de tomar precaucións na observación e, especialmente, que os máis pequenos conten coa supervisión dunha persoa adulta.

Visualización

Os procedementos máis seguros para a súa visualización consisten en proxectar a imaxe cun pequeno telescopio nunha superficie plana ou, no caso de non contar cunhas lentes especiais para o caso homologadas pola Comunidade Europea, optar pola utilización de cristais utilizados no campo da soldadura para a protección da vista.

Advírtese, igualmente, de comportamentos perigosos, como a visualización continuada do fenómeno durante un longo período de tempo ou a observación directa da eclipse con instrumentos como prismáticos ou telescopios.

Duración

En relación á súa duración, calcúlase que comezará ás 9.05, co seu momento álxido ás 10.09, e a súa finalización ás 11.18. Tamén poderá ser visualizado a través de plataformas como a páxina web do Real Instituto e Observatorio da Armada, Canal Ciencia e por Misión Eclipse.

Este tipo de acontecementos tan pouco usuais non deixaba verse de forma tan persistente na Comunidade galega desde o ano 2005, cunha eclipse anular, que non chegou a ocultar totalmente o sol.

As previsións indican que a próxima eclipse de Sol visible desde a península terá lugar no día 12 de agosto de 2026, mentres que a seguinte eclipse total lunar se prognostica para a noite do 27 ao 28 de novembro deste mesmo ano. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies