EFEverde en Galego

Galicia obtén 6 medallas, 2 de ouro, na Olimpíada Nacional de Química

Os alumnos de bacharelato galegos obtiveron dúas medallas de ouro, unha de prata e tres de bronce na XXVII Olimpíada Nacional de Química, que decorreu nesta fin de semana en Oviedo.

O decano do Colexio Oficial de Químicos e da Asociación de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra, destacou nun comunicado que se trata dunha “das mellores actuacións dos nosos mozos olímpicos nos últimos anos”.

As medallas de ouro corresponderon a Álvaro Ortega, do Colegio Internacional Eirís-A Coruña; e Adrián Grille, do Colexio Peleteiro, de Santiago de Compostela.

A de prata foi obtida por Raúl Alonso, do IES Carlos Casares, de Vigo; e as de bronce, por Carmen Jorge Díaz, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo; Boris Alberte Uzun Fernández, do Colegio San José, de Lugo; e Joaquín Carral Ortigueira, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies