EFEverde en Galego

Galicia estará hoxe en zona intermedia entre un anticiclón e unha borrasca

Galicia estará hoxe en zona intermedia entre un anticiclón e unha borrasca

Santiago de Compostela, 26 mar. (EFEverde en Galego).- A Comunidade estará hoxe nunha zona intermedia entre o anticiclón oceánico e unha borrasca que se sitúa sobre o mar Mediterráneo, quedando nun réxime de ventos do norte.

Así, informa Metegalicia, a xornada estará caracterizada por ceos con alternancia de nubes e claros, con máis nubes no terzo norte, onde os chuvascos serán frecuentes especialmente durante a mañá.

A cota de neve situarase nos 800 metros nas primeiras horas, subindo a 900 metros durante a tarde.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, con xeadas en zonas altas, e as máximas non experimentarán cambios significativos.

Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados en xeral durante o día, con intervalos fortes en zonas altas, diminuíndo a frouxos á noite e variando a dirección oeste.

Temperaturas mínimas e máximas extremas previstas nas principais cidades:

A Coruña 8° 13°; Ferrol 8° 13°; Lugo 4° 10°; Ourense 5° 14°; Pontevedra 7° 14°; Santiago de Compostela 6° 12°; Vigo 7° 14°

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do noroeste de mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 5 a 6 de mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Media vaga de mar de mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado de noite. Visibilidade regular de mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 4 a 5 metros de mañá e á tarde e 3 a 4 á noite.

Ferrol-Bares: Vento do norte de mañá e á tarde e variable á noite, forza 4 a 5 de mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía de mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 4 a 5 metros de mañá e á tarde e 3 a 4 á noite.

Costa da Morte: Vento do norte de mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 4 a 5 de mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía de mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular de mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 4 a 5 metros de mañá e de 3 a 4 á tarde e á noite.

Rías Baixas: Vento do norte de mañá e á tarde e variable á noite, forza 4 a 5 de mañá e á tarde e 2 a 3 de noite. Forte marusía de mañá e á tarde e mar ovellado de noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros de mañá, 2,5 a 3,5 á tarde e 2 a 3 de noite. EFEverde en Galego

am/jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies