EFEverde en Galego

Galicia controlará con drons as pragas nos bosques

Galicia controlará con drons as pragas nos bosques Galicia controlará con drons as pragas nos bosques. Fotografía de arquivo. EFE

EFEverde.- Os drons poderán controlar as pragas e as enfermidades das masas forestais, segundo o proxecto SILVA que desenvolven o centro tecnolóxico Aimen, a Universidade de Santiago e as empresas galegas Egatel e Ammi Technologies.

O proxecto SILVA, liderado por Cotesa, aplicarase á xestión forestal sustentable de madeiras nobres, concretamente de cerdeira e nogueira, e de bosques de eucalipto, informa Aimen nun comunicado.

A solución desenvolvida no proxecto SILVA terá un custo entre dous e cinco veces inferior ao das tecnoloxías existentes e, grazas á súa adaptación a drons de á fixa, permitirá obter imaxes con maior resolución que os tradicionais sensores empregados en teledetección, incorporados a satélites ou avións.

Tamén permitirá a monitoraxe dunha área extensa de bosque mediante o uso de ferramentas de información xeográfica, engade a nota de Aimen.

O proxecto SILVA, financiado polo programa Feder Interconnecta 2015, conta cun orzamento próximo aos 2 millóns de euros, prolóngase ata decembro de 2017.

A explotación comercial dos seus resultados está estimada para 2019 ou 2020. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com