Galicia aprobará a próxima semana a Estratexia Cambio Climático 2050

EFEverde en Galego

Galicia aprobará a próxima semana a Estratexia do Cambio Climático 2050

Galicia aprobará a próxima semana a Estratexia do Cambio Climático 2050 O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. EFE/Xoán Rey

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores que o seu Goberno aprobará a próxima semana a Estratexia do Cambio Climático 2050 na que se traballa desde o pasado ano.

“Non é un asunto no que esteamos a improvisar, nin que saquemos coincidindo co cume sobre o cambio climático que se celebra estes días”, xa que na Xunta “somos conscientes desde fai moito de que este é posiblemente outro dos grandes desafíos que temos”, remarcou no primeiro día do debate de política xeral da Comunidade.

E respecto diso deste asunto, o máximo mandatario autonómico fixo un chamamento aos 157 concellos que aínda non están adheridos ao pacto de alcaldes polo clima para que o fagan canto antes.

“Todos debemos involucrarnos nun asunto sobre o que a concienciación cidadá é maioritaria”, aseverou. EFEverde

 




Secciones:            
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com