EFEverde en Galego

Galicia estará hoxe nunha situación intermedia entre anticiclón e borrasca

  • Se esperan intervalos nubrados con chuvascos.

Galicia estará hoxe nunha situación intermedia entre anticiclón e borrasca Uns bonecos de neve no alto do Poio tras as nevadas xeneralizadas do domingo. EFE/Eliseo Trigo

EFEverde.- Galicia estará hoxe nunha situación intermedia entre a borrasca localizada nas illas británicas e o anticiclón centrado nos Azores, de maneira que se esperan intervalos nubrados con chuvascos, que serán de neve por riba dos 1.000 metros, subindo a cota a 1.100 de noite.

Meteogalicia prognostica que as temperaturas non experimentarán cambios significativos e que os ventos soprarán do noroeste, fortes no litoral e zonas altas do interior, e moderados no resto.

Temperaturas extremas previstas nas principais cidades

A Coruña: 8°-12°

Ferrol: 6°-12°

Lugo: 2°-8°

Ourense: 2°-11°

Pontevedra: 5°-12°

Santiago de Compostela: 3º-9°

Vigo: 3°-12°

Predición marítima

Costa Cantábrica: Vento do noroeste, forza 6 a 7. Mar de vaga. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 5 a 6 metros de mañá e á tarde e 6 a 7 de noite.

Ferrol-Bares: Vento do noroeste, forza 6 a 7. Mar de vaga. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 5 a 7 metros de mañá e 6 a 7 á tarde e á noite.

Ártabro: Vento do noroeste, forza 5 a 6. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 5 a 7 metros de mañá e 6 a 7 á tarde e á noite.

Costa da Morte: Vento do noroeste, forza 6 a 7 de mañá, 5 a 7 á tarde e 5 a 6 de noite. Mar de vaga de mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 5 a 7 metros de mañá e 6 a 7 á tarde e á noite.

Rías Baixas: Vento do noroeste, forza 5 a 7. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 4 a 5 metros de mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies