EFEverde en Galego

A Fundación Rodríguez Iglesias acolle a mostra “Galicia nos mapas antigos”

A Fundación Rodríguez Iglesias, en colaboración co Museo do Pobo Galego, acolle desde hoxe a exposición "Galicia nos mapas antigos", unha colección de Clodio González Pérez que mostra a cartografía galega ao longo da historia e a súa evolución até os inicios da oficial.

O mapa é un “gran compilador de información e un elemento necesario na vida humana” que permite coñecer a cada persoa o seu territorio e o dos demais, sostivo González Pérez durante a inauguración da mostra.

“Esta exposición recolle unha mínima parte da enorme colección que conserva nos seus fondos o museo, porque neste caso o que se buscaba era mostrar Galicia como unha unidade diferenciada”, comenta o mestre, etnógrafo e patrón do Museo do Pobo Galego.

Por súa vez, a directora da Fundación, Laura Rodríguez Herrera, explicou que na actualidade a cartografía é moito máis que a mostra gráfica dun territorio e os seus compoñentes, pois supón o que define a identidade dun pobo, a base sobre o que se constrúe.

A exposición comeza co mapa de Fernando Ojea, que é o primeiro no que aparece Galicia como espazo diferenciado, e a partir desta peza desenvólvense outros modelos mellorados e máis coutados á realidade xeográfica.

Os primeiros mapas realizábanse de acordo coa información reflectida en cartas náuticas e non se levaba a cabo unha investigación previa.

A mostra permanecerá aberta ao público desde hoxe até o vindeiro 16 de maio, de luns a venres na sede da Fundación Rodríguez Iglesias da Coruña. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies