SECTOR TERMAL

Feijóo destaca o grado de execución do plan termal en Ourense

Feijóo destaca o grado de execución do plan termal en Ourense Recurso de archivo

Lobios (Ourense), 11 xul (EFE).- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe a aposta firme do Goberno galego co termalismo e, en especial, co Plan Termal na provincia de Ourense, e destacou o importante grao de cumprimento xa que das 71 actuacións previstas, 31 xa foron executadas ou completadas, o que supón o cumprimento do "41 por cento" de compromisos alcanzados para situar Ourense na provincia termal de España.

Así o indicou durante a reunión do Consello Termal Ourensán, onde reivindicou o valor económico e social do termalismo así como a súa incidencia sanitaria para a provincia e tamén para Galicia, comunidade co maior número de infraestruturas balnearias, polo que fixo un “balance positivo” do realizado con este plan, iniciado hai dous anos.

Nun percorrido polas principais cifras do sector, destacou que esta Comunidade é a primeira en número de balnearios (20% do total) ademais de con o maior número de establecementos con Q de calidade, en concreto oito dos 36 que hai en España. EFEverde en Galego
lrt




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies