EFEverde en Galego

Feijóo anuncia axudas para afectados polo incendio intencionado de Cualedro

  • Este paquete de medidas se concretará en axudas aos gandeiros, aos Concellos e a repoboación forestal.

Feijóo anuncia axudas para afectados polo incendio intencionado de Cualedro Alberto Nuñez Feijóo no percorrido que realizou polas zonas afectadas polo incendio de Cualedro. EFE

EFEverde.-  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a posta en marcha de varias liñas de axuda para os afectados polo incendio de Cualedro (Ourense) que se estendeu a outros tres municipios e calcinou 3.180 hectáreas e cuxa intencionalidade considerou "manifesta"

Núñez Feijóo deu a coñecer este paquete de medidas, que se concretará en axudas aos gandeiros, aos Concellos e a repoboación forestal, nunha comparecencia de prensa celebrada este mediodía despois de realizar unha visita ás zonas afectadas, acompañado pola conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e os alcaldes dos municipios afectados.

Alí, rubricaron un documento bautizado como “Manifesto Cualedro” polo que as administracións se comprometen a mellorar na súa cooperación para evitar incendios desta magnitude.

En primeiro lugar, anticipou que o seu goberno buscará unha solución para os gandeiros afectados polo incendio que quedaron sen pasto, e que se concertará unha vez que se concreten as familias afectadas, así como o gando.

A segunda liña de actuación, conxunta coas administracións locais, irá dirixida á reposición do “patrimonio público” afectado polo lume, como sinalización, colectores, ou outras infraestruturas.

Así mesmo, avanzou que o goberno está “a valorar” facer unha “actuación concreta” e “específica” para recuperar as preto de 800 hectáreas de arboredo que resultaron devastadas polas chamas.

Durante a súa intervención, trasladou que o acontecido en Cualedro esixe unha “responsabilidade política” e tamén “social” tras asegurar que “está claro” que detrás deste incendio, no que chegaron a arder 7 hectáreas por minuto, hai “unha intencionalidade manifesta”, polo que fixo un chamamento á cidadanía a colaborar co fin de que recaia todo o peso da lei sobre os autores.

Incendios forestais 

En total, a Xunta contabilizou este verán 92 incendios forestais só nestes catro municipios ourensanos, dos cales 27 foron rexistrados en Xinzo, outros dez en Trasmiras, 13 en Baltar e 42 en Cualedro, unha cifra que, subliñou, mostra unha “reincidencia”.

Por ese motivo, destacou que o primeiro obxectivo é “deter o incendiario ou incendiarios para que caia sobre eles todo o peso da lei”, un traballo para o que pediu a “colaboración cidadá”.

“Quen plantou este lume sabía ben o que facía. É un acto delituoso grave”, apostilou.

A falta da cuantificación dos danos, a Xunta eleva os custos en extinción a uns 250.000 euros só neste apartado, unha contía que considerou “considerable”.

Este lume convértese no terceiro “máis extenso” que sofre Galicia dende o ano 2000, sendo “dende o punto de vista técnico nun dos incendios máis difíciles” deste verán.

Neste caso, os fortes refachos de vento e a calor, provocaron dificultades na súa extinción.

Ademáis das medidas citadas, Núñez Feijóo fixo “un chamamento” aos propietarios dos montes para que manteñan limpos os perímetros.

Neste sentido, referiuse á Lei de mellora da estrutura territorial agraria e á Lei de mobilidade de terras pola que se declararán perímetros abandonados aqueles terreos agrarios que poidan supoñer un risco.

Pola súa banda, o rexedor de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, quen falou de “terrorismo ecolóxico organizado”, proclamou que “está claro que a maior parte dos incendios son provocados (intencionados)”.

Asimesmo, considerou “falso” que os lumes se apaguen “en inverno” tras aclarar que aínda que se fagan rozas, “coas chuvias, en 15 días, volvemos estar nestas”.

Dixo que espera que este manifesto sexa  de que estamos no camiño, co fin de evitar que se repitan este tipo de sucesos. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies