EFEverde en Galego

Falece sepultado un operario dunha canteira en Caldas de Reis

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) EFEverde en Galego .- Un traballador dunha canteira do municipio de Caldas de Reis resultou morto nun accidente cando manexaba unha retroescavadora, informaron hoxe fontes do servizo de Emerxencias da Xunta.

A vítima, de 48 anos, morreu sepultada nunha mina situada en Alto do Pousadoiro, en Caldas de Reis a consecuencia do derrubamento de parte dunha ladeira que xerou o desprendemento dunha pedra de gran tonelaxe sobre a retroescavadora.
A alerta do accidente foi rexistrada ás 10:41 horas acerca da situación do operario atrapado por bloques de pedra, polo que Emerxencias enviou unha ambulancia asistencia e persoal médico do centro de saúde de Caldas de Reis, pero nada puideron facer pola súa vida, agregaron as fontes.
Equipos do servizo de Bombeiros da bisbarra do Salnés e de Protección Civil de Caldas e Cuntis tamén acudiron á zona, onde continúan as tarefas de excarceración, de gran complexidade polo risco de novos desprendementos.EFEverde en Galego
og/xb




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies