Santiago de Compostela, 9 xul (EFEverde).- A Consellería de Medio Rural considerou extinguido o incendio que onte se decretou a mediodía na parroquia de Cartelle, no municipio ourensán do mesmo nome.
O incendio, que se iniciara ás 12:15 horas, foi extinguido ás 21:30 horas, tras queimar unha superficie de 16,3 hectáreas de monte arborado.
Na súa extinción traballaron tres axentes forestais e as dotacións de 11 brigadas, cinco motobombas, unha pá, seis helicópteros e sete avións, informou a Xunta nun comunicado. EFEverde
jl/am