Efeverde en Galego

Extinguido o incendio en Entrimo que arrasou 3.000 hectáreas

  • O incendio foi o máis grave que viviu ata agora Galicia

Extinguido o incendio en Entrimo que arrasou 3.000 hectáreas Veciños axudan na extinción do incendio de Entrimo. EFE/Brais Lorenzo

Efeverde.- O incendio declarado no concello ourensán de Entrimo hai unha semana quedou extinguido tras queimar unhas 3.000 hectáreas, das cales 1.300 son arborizadas, segundo informou hoxe a Xunta.

A Consellería do Medio Rural confirmou, na súa conta oficial de Twitter, a extinción deste incendio forestal, o máis grande rexistrado en Galicia no que vai de ano, o cal afectou a unha zona declarada Lugar de Interese Comunitario (LIC), pertencente á Rede Natura.

O incendio foi dado por extinguido ás 13:40 horas e afecta a un total de 2.999,50 hectáreas de monte, das cales, 1.300 son arborizadas.
Desta forma, a Xunta elevou o número de hectáreas ardidas das 2.800 que daba estes días a practicamente as tres mil, que son as que se contabilizan agora.

Virulencia

O incendio, que se iniciou o pasado martes ás 18:46 horas na parroquia da Illa e que chegou á localidade limítrofe de Lobios, foi o máis grave que viviu ata agora Galicia, xa que chegou a aproximarse a casas, o que obrigou á Xunta a decretar a “situación dúas”, como medida preventiva, pola proximidade aos núcleos de poboación.

De feito, o rexedor da localidade, Ramón Alonso (PSOE) chegou a falar dunha auténtica “catástrofe ambiental, forestal e veciñal” a sufrida hai unha semana nesta localidade, e que, ao seu xuízo, poderían haberse “evitado” se se enviaron “medios antes”.

A virulencia do lume chegou a provocar cuantiosos danos nunha granxa, que se viu completamente queimada, hórreos, hortas, árbores e mesmo chegou a acceder ás instalacións onde organizan os campamentos de verán, aínda que non chegou a provocar danos maiores.

Precisamente, os alcaldes dos municipios afectados polos lumes este verán sopesaron a posibilidade de solicitar axudas de emerxencia xunto coa declaración de zona catastrófica ante os cuantiosos danos, despois de que o lume arrasase ao seu paso hortas, zonas de pastos e canalizacións de auga. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies