EFEverde en Galego

Denuncian unha plantación de eucaliptos sobre unha mina romana en Riotorto

  • Adega e MariñaPatrimonio solicitan “a inmediata paralización”.

Denuncian unha plantación de eucaliptos sobre unha mina romana en Riotorto Fotografía de arquivo duns exemplares de eucaliptos. EFE/Nic Bothma

EFEverde.- A organización ecoloxista Adega e o colectivo MariñaPatrimonio denunciaron ante o servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que no lugar da Muxueira, no municipio lugués de Riotorto, se están levando a cabo "labores de corta e plantación de eucaliptos sobre un xacemento aurífero da época romana".

Ambas as organizacións aclaran nun comunicado que “para eses labores se utilizou maquinaria pesada”, co que se puxeron en “risco os valores do xacemento”.

De feito, indican que “mesmo se abriron novas pistas de acceso que, lamentablemente están modificando a morfoloxía da antiga explotación aurífera romana”.

Adega e MariñaPatrimonio solicitan “a inmediata paralización” deses traballos forestais, así como que se “estuden os danos ocasionados”.

Alén diso, solicitan que este “complexo mineiro” da época romana sexa incluído no “Inventario de Xacementos Arqueolóxico s da Xunta de Galicia”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies