Efeverde en Galego

Os eucaliptos diminúen a biodiversidade en ríos galegos, segundo un estudo

Os eucaliptos diminúen a biodiversidade en ríos galegos, segundo un estudo Fotografía de arquivo duns eucaliptos. EFE/Eliseo Trigo

As plantacións de eucaliptos afectan negativamente o ecosistema dos ríos galegos, ao provocar unha redución da biodiversidade destes hábitats, segundo un estudo dos usos do chan en dezaseis regachos afluentes do río Lérez (Pontevedra) divulgado hoxe pola asociación ecoloxista Adega.

A investigación foi realizada por integrantes do grupo Ecoevo da Universidade de Vigo e mostra que a diversidade de macroinvertebrados aumenta co tamaño da bacía e do bosque autóctono, polo que determina que a presenza destes organismos “diminúe a medida que aumenta a superficie de eucaliptos”, indica Adega nun comunicado.

 Ríos galegos

Os expertos explican que os ríos galegos nútrense da materia orgánica da súa bacía, que chega á auga arrastrada polas choivas, o vento ou pola acción dos animais.

Unha das achegas principais son as follas que caen das árbores que crecen directamente na ribeira dos ríos e que, en Galicia, son fundamentalmente alisos, salgueiros, fresnos, arces ou carballos, entre outros.

Eucalipto

As plantacións de especies exóticas como o eucalipto nestas zonas “elimina a vexetación nativa” e cambia a entrada de follas aos ríos, achegando material con “peores propiedades” e que presentan unha “maior dificultade” para descompoñerse, apunta.

Ademais, o eucalipto non é unha árbore caducifolio polo que cambia a estacionalidade do ecosistema, caendo a maioría das súas follas no verán “e de forma non sincronizada” coas comunidades que se alimentan desta materia.

Aqueles ríos con maior presencia de eucalipto, segundo os autores do estudo -Adolfo Cordeiro, Alba Martínez e Maruxa Álvarez- “terán menor calidade de materia orgánica, reducindo en cadea a abundancia e a diversidade dos organismos detritívoros”.

Para probar esta hipótese, os investigadores estudaron estes dezaseis regachos, tomando mostras de macroinvertebrados, e calcularon o grao de alteración da vexetación da bacía segundo a superficie ocupada por bosque autóctono, eucaliptos, zonas agrícolas, matogueira e zonas urbanas.

O estudo permitiu comprobar que a biodiversidade “aumenta” en proporción á superficie cuberta por bosque autóctono, incluída a presenza de peixes, e que aqueles regachos con maior presencia de eucaliptos no seu ecosistema teñen unha maior probabilidade de secarse “completamente” no verán.

Este último aspecto é “moi relevante”, segundo esta investigación, porque indica que a tendencia a un cambio climático global cara a ambientes máis secos podería agravar este problema, xa que as árbores de crecemento rápido como os eucaliptos ou os piñeiros “consomen moita máis auga” que as especies autóctonas.

O uso destas especies autóctonas “mitigaría” eses efectos negativos, engaden os investigadores, que suxiren que se iso non é posible “por cuestións económicas” unha “boa estratexia” sería protexer os bosques de ribeira, deixando marxes de seguridade e prohibindo a plantación de eucaliptos na beira dos ríos. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies