EFEverde en Galego

Estado, Xunta e Concellos acordan colaborar tralos danos do temporal

  • O último temporal afectou de maneira especial ás provincias de Pontevedra e de Ourense.

Estado, Xunta e Concellos acordan colaborar tralos danos do temporal Estado, Xunta e Concellos acordan colaborar tralos danos do temporal. EFe/Cabalar

EFEverde.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; e o presidente da Fegamp, Alfredo García, acordaron hoxe colaborar para solucionar os danos causados polo último temporal, que afectou de maneira especial ás provincias de Pontevedra e de Ourense.

Os tres reuníronse, xunto coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, e estableceron un prazo de dez días, segundo desvelou García aos medios de comunicación, para que os municipios recompilen os datos de todos os danos sufridos.

Trátase dunha serie de incidencias que se produciron “en bens do Estado, da Xunta, das deputacións e dos concellos” polo que agora buscan “coordinación” para liquidar o problema e “axudar aos pequenos municipios”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies