EFEverde en Galego

Caballero ofrece a Núñez Feijóo 34 espazos para plantar 17.225 árbores

  • Cuxo custo se aproximaría aos 900.000 euros.

Caballero ofrece a Núñez Feijóo 34 espazos para plantar 17.225 árbores EFE/Kiko Delgado

EFEverde.- O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, 34 espazos para a plantación de 17.225 árbores na cidade.

Esta é a cantidade que suxerira no pasado mércores en referencia aos 300.000 euros que achegou o Executivo autonómico para o denominado Bosque de Galicia, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Caballero recolleu a luva lanzada onte por Núñez Feijóo cando dixo que, se o Concello de Vigo ceder os terreos, a Xunta buscará financiamento para habilitar un espazo similar ao da ladeira do monte Gaiás, na capital galega.

Como Feijóo “onte nos dixo que si” e preguntou “onde” se plantarían esas árbores que demanda, alegou Caballero, o Concello de Vigo confeccionou unha listaxe por zonas e especies.

O rexedor vigués reclamou que a plantación “comece mañá”, e engadiu que “espera” Núñez Feijóo coa “pa “, que correrá pola súa conta. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies