EFEverde en Galego

Esixen actuar axiña contra quen maltratou e deixou un can nun colector

  • Tamén esperan que a canceira municipal rehabilite este can para que poida ser adoptado.

Esixen actuar axiña contra quen maltratou e deixou un can nun colector Un can recibe a caricia dunha asistenta nunha manifestación contra o maltrato animal. EFE/J.Zapata

EFEverde.- A Asociación Animalista Libera esixiu nesta mañá á Concellaría de Ambiente do Concello da Coruña a "máxima celeridade" para descubrir ao autor do maltrato "salvaxe" a un can que foi posteriormente abandonado nun colector do lixo situado nos arredores de Nostián.

Segundo informan os animalistas nun comunicado, as lesións sinaladas pola empresa concesionaria da canceira municipal son constitutivas dun delito de maltrato animal, penado con até un ano de prisión e inhabilitación especial para o exercicio de negocio ou posesión de animais por un máximo de 36 meses, se o maltratador é identificado e posto a disposición xudicial.

Igualmente, en Libera sosteñen que o abandono nun colector deste can procuraba a súa morte, polo que consideran que o consistorio debe presentarse como acusación nun eventual proceso penal.

Tamén esperan que a canceira municipal rehabilite este can para que poida ser adoptado.

Neste contexto, a firma Servicios Gallegos de Lacería (Servigal), concesionaria do centro de acollida de animais da Coruña, puxo noutra nota o seu “malestar ante as numerosas publicacións” contra o seu servizo feitas por diversas plataformas sociais, e por iso anunciou que presentará unha querela criminal.

“Baseándose en mentiras, estase levando a cabo a través principalmente de redes sociais unha ‘caza de bruxas’ coa intención de quitar a xestión do centro de acollida de animais a Servigal”, engade no comunicado.

Ademais, sinala, os traballadores da firma son interrompidos no seu traballo constantemente, fáltaselles ao respecto, son insultados e, como consecuencia da actitude destas persoas, algúns están tendo que ser tratados por cadros de ansiedade.

Servigal indica que as denuncias presentadas contra esta concesionaria foron resolvidas no seu favor “xa que non se constatou ilegalidade ningunha na xestión do servizo”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies