EFEverde en Galego

Primeira enciclopedia virtual sobre o Camiño de Santiago, só en castelán

  • Inclúe unhas 3.000 entradas con texto, gráficos e mapas dos diferentes camiños de peregrinación.

Primeira enciclopedia virtual sobre o Camiño de Santiago, só en castelán Nava Castro, Rafael Sánchez Bargiela e Antonio Couto, durante a presentación da "Xacopedia". EFE

EFEverde.- Unha enciclopedia virtual sobre o fenómeno xacobeo denominada "Xacopedia", que de momento só está dispoñible en castelán, foi presentada oficialmente pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

A representante da Xunta sinalou que o Goberno autonómico dispón dun servizo de tradución que podería permitir poñer esa información en inglés, francés ou en galego, para favorecer maior acceso a través de internet.

Segundo os seus promotores, a obra é froito de dous anos de traballo e inclúe unhas 3.000 entradas con texto, gráficos e mapas dos diferentes camiños de peregrinación.

Engadiron que a “Xacopedia” xa estaba dispoñible na rede da internet desde hai medio ano a título experimental e logrou captar a atención de varios miles de persoas dunha trintena de países dos cinco continentes.

O estudioso do fenómeno xacobeo Manuel Rodríguez, que dirixiu a obra, indicou que os datos da enciclopedia virtual foron elaborados por “colaboradores expertos de máis dunha decena de países”.

Destacou que inicialmente a enciclopedia foi elaborada en castelán, pero apuntou que podería ser traducida noutras linguas, aínda que iso requirirá algúns meses.

Os usuarios da internet poderán consultala e deixar os seus comentarios ou opinións ou engadir fotografías, aínda que Rodríguez observou que probablemente sexa necesario un “comité de expertos” que avalíe e supervise a obra, incluída a súa eventual traducCión.

Castro destacou que se trata dunha enciclopedia “sinxela e atractiva” para os peregrinos e interesados neste fenómeno, pero tamén “participativa, colectiva e ampliable”.

Nese sentido, encomiou a labor do equipo de producción e asegurou: “Non vexo problemas en que estea en máis idiomas”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies