EFEverde en Galego

Emerxencias xestionou esta mañá unhas 40 incidencias polo temporal galego

  • Unha fronte activa asociada a unha profunda borrasca situada ao norte de Irlanda traerá chuvias e intensos ventos.

Emerxencias xestionou esta mañá unhas 40 incidencias polo temporal galego Unha onda rompe contra as rochas do paseo marítimo da Coruña. EFE/ Cabalar

EFEverde.-  Emerxencias 112 Galicia xestionou esta mañá, entre as 09.00 e as 12.00 horas, 43 incidencias relacionadas co temporal de vento e chuvia que afecta hoxe o litoral da Comunidade, aínda que ningunha delas de consideración.

Segundo o 112, o maior número de accións están relacionadas coa caída de árbores e pólas nas estradas, inundacións en rúas, vivendas e garaxes, e algunha bolsa de auga.

Por provincias, A Coruña rexistrou 23 intervencións; Pontevedra, 13; Lugo, 5 e Ourense, 2.

Protección Civil e Emerxencias avisaron de ondas de até seis metros, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra, e refachos de vento de 80 quilómetros por hora hoxe en Galicia, polo que se decretou unha alerta de nivel laranxa.

Unha fronte activa asociada a unha profunda borrasca situada ao norte de Irlanda traerá chuvias e intensos ventos, que no noroeste virán acompañados á noite de aparato eléctrico.

Segundo Meteogalicia, a cota de neve descenderá dos 1.200 metros aos 800 metros durante a noite. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies