EFEverde en Galego

Emerxencias alerta por temporal de vento na Coruña, Lugo e Ourense

  • O vento alcanzará refachos máximos de 100 quilómetros por hora nestas zonas.

Emerxencias alerta por temporal de vento na Coruña, Lugo e Ourense Tres turistas protéxense da intensa chuvia cunha antuca. EFE//Lavandeira jr

EFEverde.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, alertou dun temporal, de nivel laranxa, por vento en terra, que afectará a partir desta mañá as provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno adverso iniciarase nas próximas horas no noroeste da Coruña, na Mariña luguesa e na zona de montaña de Ourense.

O departamento de Presidencia precisa que o vento alcanzará refachos máximos de 100 quilómetros por hora nestas zonas.

No referente ao mar, a Aemet tamén alertou dun temporal de nivel laranxa na costa oeste e noroeste da Coruña, onde a partir das 11.00 horas se espera media vaga de mar, con áreas de mar de vaga entre Fisterra e as Sisargas, con ventos do suroeste de forza 8.

No resto do litoral, a alerta continuará amarela, con ventos de forza 7, media vaga de mar e áreas de mar combinado do noroeste, levemente superior aos 4 metros.EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies