EFEverde en Galego

Galicia e Portugal ensinan a mellorar a eficiencia enerxética en depuradoras

Galicia e Portugal ensinan a mellorar a eficiencia enerxética en depuradoras Fotografía de arquivo dunha depuradora. EFE

Representantes de Galicia e Portugal presentarán mañá os primeiros resultados do proxecto "Aqualitrans Sistema de Xestión e Control" para a mellora da eficiencia na depuración e a calidade ambiental de augas a nivel transfronteirizo.

O encontro será a partir das 10:30 horas na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) Punta Avarenta, en Ares.

A esa hora reuniránse os técnicos e membros dos socios de Galicia e Portugal que colaboran neste proxecto e visitarán a EDAR de Ares, onde coñecerán de primeira man o proxecto de mellora que se realizará nesta instalación.

A continuación, ás 11:30 horas, terá lugar o acto oficial de presentación de resultados do proxecto Aqualitrans, con presenza do director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez.

A partir das 12:30 horas os socios do proxecto realizarán as presentacións técnicas no marco desta iniciativa.

Eficiencia enerxética en depuradoras

Aqualitrans é un proxecto de colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), ×Águas do Municipio do Porto e o Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial (INEGI). O proxecto enmárcase no Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Como resultado deste proxecto, informa un comunicado, implantaránse plans de eficiencia enerxética nas EDAR de Ares, Cedeira, A Pobra do Caramiñal, Gondomar e Nigrán, en Galicia; e na ETAR de Sobreiras, en Portugal.

O obxectivo principal do proxecto Aqualitrans é mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración de augas residuais nas EDAR, asegurando en todo momento a calidade da auga tratada; logrando mellores rendementos de depuración, menores consumos enerxéticos e emisión de CO2; e diminuíndo os problemas nos procesos.

Proxecto Aqualitrans

Aqualitrans xorde do compromiso das administracións públicas para buscar un modelo enerxético eficiente e sustentable para as EDAR, co que contribuír aos obxectivos xerais de desenvolvemento sustentable e protección ambiental aos que aspiran España e Portugal.

O proxecto Aqualitrans consiste na elaboración dun estudo de investigación sobre o consumo enerxético en diferentes EDAR en Galicia e Norte de Portugal; e no desenvolvemento de proxectos piloto en EDAR seleccionadas, onde se implantarán as medidas de optimización enerxéticas derivadas do estudo.

Esta análise teórica e práctica permitirá dispoñer dun modelo aplicable ás depuradoras co que crear EDAR máis eficientes enerxéticamente e máis sustentables.

As EDAR que participaron na fase inicial do proxecto son, por parte de Galicia, as situadas nos municipios de Nigrán, Soutomaior (Arcade), Vilaboa, Gondomar, Tomiño, Ortigueira, Ares, A Pobra do Caramiñal, Cedeira e Ribadeo.

Por parte de Portugal estudáronse as situadas nos municipios de Porto (Freixo e Sobreiras), Barcelos, Vila Real, Lousada (Sousa), Amarante (Ponche de Baia), Vila do Conde (Ave), Guimarães (Serzedo), Lamego e Vila Verde (Cávado Homem). EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies