Efeverde en Galego

Adega alerta dun “discurso antilobo” promovido de forma “interesada”

Adega alerta dun Fotografía de arquivo dun lobo. EFE/J.J. Guillén

A asociación ecoloxista Adega presentou hoxe un informe sobre a situación e a conflitividade do lobo en Galicia no que advirte dun "discurso antilobo" promovido interesadamente desde determinados sectores.

O documento, elaborado polo biólogo Martiño Nercellas, vogal de biodiversidade de Adega, “desmente determinados supostos e crenzas falsas”, sostivo nunha conferencia de prensa.

Nercella aludiu “ao fracaso e a arbitrariedade dos chamados controis poboacionais”.

No seu traballo, sinala que o impacto económico calculado en base aos avisos por danos sitúase ao redor do 0,035 % do valor produtivo da cabana gandeira total estimada para Galicia.

Indica que os controis poboacionais do lobo “son contraproducentes e non adoitan cumprir co seu fin”, e engade que mesmo “poden empeorar a situación”.

Explica neste sentido que a taxa de captura vén sendo dun lobo cada 4,4 controis, “máis alto do que a priori se podería esperar”, e agrega que na actualidade as autorizacións son tramitadas “cunha dubidosa ou nula xustificación científica/técnica, e responden máis ben a decisións arbitrarias atendendo a determinados intereses”.

“O problema non radica no lobo e na súa poboación senón no fracaso en abordar responsablemente o conflito que xera no sector gandeiro”, subliña.

Axudas

O informe fai referencia tamén ao “fracaso” na política de axudas por danos, relacionado, indica, cunha baixa dotación económica e cos atrasos, que acumulan falta de pagamentos por valor de 570.000 euros desde o ano 2010, calculado en base aos datos de avisos por danos.

“Existe un fracaso na posta en marcha de medidas preventivas atendendo ás múltiples recomendacións e manuais existentes. A prevención pasa por ser unha das chaves para a solución deste problema”, afirma.

Segundo este membro de Adega, “unha boa combinación entre as medidas preventivas e o pago de danos de maneira áxil é a mellor ferramenta para lograr unha solución permanente e minorar a conflitividade social asociada ao lobo”.

Nercellas asegura que “é falsa a idea de que existe unha sobre poboación de lobos, ou que os soltan, ou que existen lobiperros ou lobos híbridos”.

Sostén que “os estudos demostran que o lobo mantén unha tendencia ao estancamento poboacional desde os anos oitenta do pasado século”.

Este biólogo indica ademais que a achega artificial de comida aos lobos está contraindicado, “dado que os datos coñecidos mostran un incremento de danos ás explotacións domésticas máis próximas aos lugares onde se sitúan os cebaderos, ademais de supoñer un risco sanitario”.

Conservación do lobo

Por último, o representante de Adega sostén que a Administración debería dedicar recursos para que a gandería extensiva redunde tamén nun beneficio para a conservación do lobo, achegando compensacións e vantaxes para as explotacións.

“A sociedade tamén debería contribuír á desactivación do conflito, demandando produtos de explotacións ‘amigas do lobo’ e contribuíndo á revalorización destes recursos, cuxa maior demanda deixará máis valor engadido nas explotacións”, conclúe. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies