EFEverde en Galego

UE e Xunta poñen 10,3 millóns de euros para o desmantelamento de barcos pesqueiros

  • A convocatoria de axudas está publicada no Diario oficial de Galicia.

UE e Xunta poñen 10,3 millóns de euros para o desmantelamento de barcos pesqueiros Un barco pesqueiro. EFE/Javier Echezarreta

EFEverde.- A Unión Europea e a Xunta ofrecen 10,3 millóns de euros para o desmantelamento de barcos co obxectivo de "adecuar a capacidade pesqueira da frota aos recursos mariños mediante a redución do esforzo pesqueiro", informou hoxe o Goberno autonómico nun comunicado.

A convocatoria de axudas, publicada no Diario oficial de Galicia, está dirixida aos propietarios de barcos con polo menos dez anos de antigüidade e con porto base en Galicia.

A embarcación deberá ter unha actividade pesqueira dun mínimo de 90 días de pesca en cada un dos períodos de doce meses anteriores á data de petición de paralización definitiva ou 120 días de pesca nos doce meses anteriores á presentación da petición, segundo especifica a Xunta.

As axudas, 75% proceden do Fondo europeo de Pesca, inclúen 8,3 millóns de euros para o desmantelamento definitivo de barcos pesqueiros como parte dun plan de axuste da frota e o resto para embarcacións de pesca de baixura do caladoiro Cantábrico-Noroeste. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies