EFEverde en Galego

Deputación de Lugo apoia programas de mellora xenética da Africor

  • Novos programas de mellora xenética da raza frisoa nas explotacións de vacún de leite desta provincia

Deputación de Lugo apoia programas de mellora xenética da Africor EFE

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asinou hoxe un convenio de colaboración coa directiva da Africor Lugo, co obxecto de desenvolver novos programas de mellora xenética da raza frisoa nas explotacións de vacún de leite desta provincia.

Nunhas declaracións aos medios de comunicación, Gómez Besteiro explicou que este convenio suporá un desembolso para a Deputación de Lugo de 25.000 euros, unha cantidade que irá destinada, case de forma íntegra, aos programas de mellora xenética do gando que está a desenvolver a Africor nesta provincia.

Gómez Besteiro lembrou que este colectivo é unha “referencia” para os produtores de leite, xa que agrupa máis de 1.700 explotacións, 30% das granxas que hai na provincia de Lugo, aínda que acumulan 70% da produción láctea.

“Estamos falando de explotacións moi competitivas, con moita produción e, por tanto, con moitas cabezas de gando frisón. Con este convenio, o que se pretende é continuar explotando as posibilidades de mellorar a produtividade”, precisou, cun “gando máis cualificado xeneticamente”.

Na produción de leite, subliñou o presidente da Deputación, “está o futuro da provincia de Lugo”. EFEverde

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies