EFEverde en Galego

A Garda Civil investigou 157 delitos ambientais en Pontevedra en 2017

A Garda Civil investigou 157 delitos ambientais en Pontevedra en 2017 Fotografía do incendio forestal ocorrido o ano pasado en Nigrán. EFE/Salvador Sas

A Garda Civil investigou 157 delitos relacionados co medio ambiente na provincia de Pontevedra en 2017, o que supuxo a detención ou citación como investigadas de 93 persoas, informaron fontes do instituto armado.

Delitos ambientais

Un de cada tres delitos investigados, segundo recolle o balance anual que fixo público a Garda Civil, foron relativos a incendios forestais con cinco detidos e 14 investigados.

As diferentes unidades da Garda Civil, principalmente do Servizo de Protección da Natureza (Seprona), actuaron tamén en 32 delitos relativos á propiedade industrial con 32 investigados e un detido e en 31 delitos de malos tratos ou abandono de animais domésticos con 3 detidos e 17 investigados.

Ademais, investigáronse 12 delitos urbanísticos, tres relativos á protección da flora e a fauna e catro delitos contra a saúde pública con produtos alimenticios.

A Garda Civil tramitou tamén preto de 1.600 denuncias por infraccións administrativas nesta materia.

Un total de 291 actuacións foron relativas a infraccións á normativa sobre residuos e verteduras, 257 á de animais de compañía, 146 á de montes, 137 sobre sanidade animal e epizootias, e 107 foron actuacións relacionadas coa normativa sobre auga.

No balance anual tamén destacan 100 denuncias por contravenir a normativa sobre animais perigosos, 98 infraccións relacionadas coa pesca, 52 por infrinxir as normas sobre urbanismo, 48 relacionadas coa sanidade e medio ambiente, 44 vinculadas coa sanidade vexetal e fitosanitarios e 41 actuacións sobre espazos naturais, flora e fauna.

O Seprona colaborou tamén en recuperar 12 réptiles e tres aves incluídas no catálogo de especies ameazadas de fauna e flora silvestres e formalizou 1.096 actas por inspeccións realizadas nos distintos ámbitos das súas competencias en residuos e verteduras, animais de compañía, montes, sanidade animal, augas e razas caninas perigosas. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies