EFEverde en Galego

O Pazo de Mariñán debate os escenarios dunha Galicia sustentable en 2040

  • Os resultados servirán para dar apoio á elaboración de políticas de sustentabilidade en Galicia.

O Pazo de Mariñán debate os escenarios dunha Galicia sustentable en 2040 O Pazo de Mariñán debate os escenarios dunha Galicia sustentable en 2040. EFE

EFEverde.- O Pazo de Mariñán acolle este fin de semana unha reunión de 25 expertos en medioambiente que proxectarán con técnicas innovadoras de deseño o escenario para lograr unha Galicia sustentable no ano 2040.

A cita, organizada polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, é de “gran relevancia” para a comunidade e contará con científicos, xestores ambientais, educadores e actores sociais galegos que establecerán as claves e o camiño cara a unha Galicia sustentable.

Esta actividade de deseño de escenarios de futuro está a desenvolverse de maneira simultánea en seis países europeos, dentro do proxecto de I+D+i Glamurs, informan fontes deste proxecto.

A reunión de expertos, que se inaugura hoxe, conta co apoio da Deputación da Coruña e a participación de representantes do Concello da Coruña, da Xunta de Galicia e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e de Vigo.

Retos

O obxectivo é analizar os principais retos cos que se atopa Galicia, que cambios sería preciso facer na sociedade galega e cales serán os pasos estratéxicos que institucións, entidades sociais e cidadanía deberán dar nun proceso de transición cara a unha Galicia máis sustentable.

Os expertos analizarán seis dominios crave dos nosos estilos de vida, como son o uso da enerxía, mobilidade, vivenda, equilibro lecer-traballo, consumo de alimentos e consumo de produtos manufacturados.

Os resultados servirán para dar apoio á elaboración de políticas de sustentabilidade en Galicia e compararanse cos obtidos doutros países da Unión Europea onde, durante as próximas semanas, outros equipos de investigación que forman parte do Consorcio de Investigación Glamurs encargaranse de levar a cabo seminarios homólogos.

Para obter unha visión multidisciplinar e sistémica do territorio galego asistirán a esta cita representantes da Xunta de Galicia, do Concello da Coruña, do CEIDA, ADEGA, Zocamiñoca, Afiprodel, Galiza Imaxinaria, Som Enerxía Galicia, Carabuñas, e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.

Así mesmo, asistirán ás mesas de debate integrantes de Proxecto Biovalvo, Mesa Galega para a Educación no Rural, Instituto de Estudos do Territorio, Instituto de Estudos para o Desenvolvemento de Galicia, Fundación para a custodia do territorio, Véspera de nada e Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común

Esta iniciativa enmárcase no proxecto europeo Glamurs, que estuda estilos de vida sustentables e as posibilidades de xeneralización dun modelo de economía verde na Unión Europea, no que participan 11 centros de investigación europeos baixo a coordinación do Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña. EFEverde

 

 

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies