EFEverde en Galego

Aberto o prazo de inscrición para o curso ‘Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura desde a óptica municipal’

Aberto o prazo de inscrición para o curso ‘Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura desde a óptica municipal’ Curso ‘Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura dende a óptica municipal’. EFE

O CEIDA acaba de abrir o prazo de inscrición para dúas edicións do Curso 'Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura dende a óptica municipal', organizado dentro do proxecto 'Concellos Verdes' que este ano está a desenvolver co apoio da Fundación Biodiversidad no marco do programa 'EmpleaVerde'.

A actividade, de 20 horas de duración, pretende capacitar aos técnicos e persoal de servizos municipais, traballadores/as de consultorías e empresas de servizos ambientais, urbanísticos, etc., así como a traballadores en activo en xeral, en materia de espazos naturais protexidos e Rede Natura 2000 en Galicia, facilitando ferramentas prácticas para a súa xestión dende o ámbito local.

Estará aberta tamén ao público xeral interesado, en función da dispoñibilidade de prazas.

– A edición Norte terá lugar do 16 ao 18 de abril no Edificio da Deputación Provincial de Lugo.

– A edición Sur terá lugar do 18 ao 20 de abril no Edificio da Deputación Provincial de Ourense.

A asistencia é gratuíta e as prazas son limitadas.

Máis información e inscricións en: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/curso-espazos-naturais-protexidos-e-rede-natura-dende-a-optica-municipal

E se desexa consultar máis información do proxecto ‘Concellos Verdes’, pode atopala na seguinte ligazón: http://www.ceida.org/gl/outros-proxectos/concellos-verdes-programa-de-formacion-de-tecnicos-e-persoal-de-servizos-municipais

curso




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies