EFEverde en Galego

A cota de neve ascenderá hoxe até os 1.200 metros

  • As temperaturas experimentarán un ascenso entre leve e moderado

A cota de neve ascenderá hoxe até os 1.200 metros Villarín de Cubilledo, onde onte persistían algúns problemas a causa da neve. EFE/Eliseo Trigo

EFEverde.- Meteogalicia informa de que unha baixa de pequenas dimensións se moverá rapidamente polo Cantábrico durante este luns traendo aire algo máis cálido que nos días anteriores, mais cun sistema frontal que fará que continúe a inestabilidade.

Con esta situación, espéranse ceos cubertos con precipitacións persistentes e xeneralizadas durante a mañá que serán algo máis intermitente á tarde.

A cota de neve ascenderá desde os 1.000 metros de mañá até os 1.200 metros á tarde.

As temperaturas experimentarán un ascenso entre leve e moderado. Os ventos soprarán de compoñente oeste, fortes no litoral e moderados no interior.

Temperaturas extremas previstas

A Coruña: 8°-12°

Ferrol: 8°-12°

Lugo: 4°-9°

Ourense: 7°-10°

Pontevedra: 7°-12°

Santiago de Compostela: 6°-10°

Vigo: 8°-11°

Estado do mar

Costa Cantábrica (de Ribadeo á Estaca de Bares): vento do oeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 6 a 7 á mañá e á noite e 6 a 8 á tarde. Mar de vaga. Visibilidade mala de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros de mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.

Ferrol-Bares (da Estaca de Bares ao cabo Prior): vento do oeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 6 a 7. Mar de vaga. Visibilidade mala de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 5 a 6 metros á tarde e á noite.

Ártabro (do cabo Prior ás illas Sisargas): vento do oeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 7 a 8 á mañá e 6 a 7 á tarde e á noite. Mar de vaga. Visibilidade mala de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Costa da Morte (das illas Sisargas ao cabo Fisterra): vento do oeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 6 a 7. Mar de vaga. Visibilidade mala de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 5 a 6 metros á tarde e á noite.

Rías Baixas (do cabo Fisterra á Guarda): vento do oeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 6 a 7. Mar de vaga. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros de mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies