Efeverde en Galego

A Coruña e Compostela reducirán as súas emisións en transporte, segundo Greenpeace

  • Os dous municipios súmanse así a unha lista de varias cidades españolas que decidiron rebaixar en 50% as emisións de gases de efecto invernadoiro

A Coruña e Compostela reducirán as súas emisións en transporte, segundo Greenpeace Fotografía de arquivo. EFE

Efeverde.- Os concellos da Coruña e Santiago de Compostela comprometéronse con Greenpeace a reducir á metade as emisións contaminantes derivadas do transporte, informou hoxe a organización ecoloxista.

Os dous municipios súmanse así a unha lista de varias cidades españolas que decidiron “rebaixar en 50% as emisións de gases de efecto invernadoiro causados pola mobilidade urbana e metropolitana para o ano 2030”, indica Greenpeace nun comunicado.

Precisa que Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Murcia e Bilbao figuran nesa lista de doce cidades comprometidas a establecer un modelo urbano “máis humanizado e respectuoso co medio ambiente e as saúde das persoas”.

Iso supón que as cidades deberán establecer plans e medidas para reducir o tráfico de vehículos contaminantes nas cidades e promover a “mobilidade branda”, engade a nota.

Greenpeace pretende así “marcar o camiño para seguir de aquí a 2030 para contribuír aos esforzos que se derivan do acordo de París mediante un obxectivo homoxéneo e ambicioso, que sirva de referencia para os plans de mobilidade, as estratexias climáticas, plans de calidade do aire” e outros aspectos de transporte urbano e metropolitano.

Trátase de “todo o contrario ao que ocorre na actualidade”, afirma a organización ecoloxistas, que destaca a “ausencia” ou a “insuficiencia” de obxectivos climáticos en materia de transporte nas cidades e áreas metropolitanas. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies