EFEverde en Galego

A Coruña estreará en Galicia 50 estacións públicas de carga para móbiles

  • A expansión abarcará toda a Comunidade galega.

     

A Coruña estreará en Galicia 50 estacións públicas de carga para móbiles Imaxe de varios móbiles. EFE/Andreu Dalmau

EFEverde.- A Coruña estreará proximamente en Galicia a implantación de 50 estacións de carga para móbiles e tabletas en lugares públicos, anunciou hoxe a compañía Yup!Charge.

Durante este ano a expansión abarcará toda a Comunidade galega, subliña nun comunicado Yup!Charge, empresa dedicada ao sector de cargadores públicos de baterías para dispositivos móbiles.

A firma espera instalar as estacións de carga para a cobertura dos habitantes da Courña e Santiago de Compostela, onde poderán ter preto este servizo para cargar a batería do móbil localizable a través da súa aplicación móbil gratuíta.

Estas estacións instalaranse en cafeterías, restaurantes, ximnasios ou centros comerciais “coa misión moi clara de que ninguén quede sen batería no móbil cando se encontre fóra da casa ou do centro de traballo”, sostén a compañía. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies