EFEverde en Galego

A provincia da Coruña amarra a súa frota pola forte ondada

  • Os barcos non saíron a faenar, fóra dalgunha pequena embarcación ao abrigo da ría.

A provincia da Coruña amarra a súa frota pola forte ondada Unha onda rompe contra as rocas do paseo marítimo da Coruña. EFE/ Cabalar

EFEverde.- A frota dos portos da provincia da Coruña permanece amarrada case na súa totalidade ante a alerta vermella decretada pola Xunta por ondas de ata nove metros no litoral coruñés.

Fontes das Confrarías de Pescadores da Coruña, Malpica ou Muros explicaron a EFE que os barcos non saíron a faenar, fóra dalgunha pequena embarcación ao abrigo da ría.

É o caso tamén de Fisterra, onde permanece fondeado un barco que transporta produtos químicos tras un problema nas súas máquinas.

O resto da costa galega permanece en alerta laranxa por fortes ventos e choiva. EFEverde

 

 

 

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies