EFEverde en Galego

Corenta e sete municipios lucenses farán auditorías para aforrar enerxía

Lugo(EFEverde en Galego).- Un total de 47 municipios lucenses, do total dos 67 da provincia, adheríronse a un convenio da Deputación para efectuar auditorías sobre eficiencia co fin de aforrar no consumo de enerxía, informaron hoxe fontes da devandita institución provincial.

Ao convenio sumarase tamén o Concello de Lugo, segundo informaron o concelleiro de Medio Natural, Luis Álvarez; a vicepresidenta segunda da institución provincial, Lara Méndez; e o encargado da xestión dos fondos europeos na Deputación, Pablo Rivera.
O custo dese diagnóstico municipal será sufragado pola Deputación de Lugo, o que suporá un aforro medio de 5.000 euros por auditoría.
Tras un primeiro diagnóstico, as autoridades esperan elaborar un plan específico para cada concello, con recomendacións sobre melloras nas instalacións municipais para abaratar a factura da subministración eléctrica.
Segundo a Deputación, a factura eléctrica dun municipio de cinco mil habitantes rolda os 200.000 euros ao ano, e calcula que a auditoría e un posterior plan de aforro podería permitir rebaixar esa contía nuns 40.000 euros.
Méndez subliñou que a factura eléctrica da Deputación foi rebaixada en 2012 en 230.000 euros.EFEverde en Galego
jrr/xb




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies