EFEverde en Galego

Convenio a tres bandas para mellorar as augas residuais de cocer o mexillón

  • Mediante a implantación dos sistemas máis eficaces de depuración de acordo coas mellores tecnoloxías dispoñibles en cada caso particular.

Convenio a tres bandas para mellorar as augas residuais de cocer o mexillón Firma dun protocolo entre a Xunta, a USC e representantes de cocedero de mexillón. EFE/Xoan Rey

EFEverde.- Xunta, Universidade de Santiago (USC) e os cocedoiros de mexillón subscribiron hoxe un convenio para mellorar as augas residuais desta actividade.

Polo Goberno estiveron presentes na presentación do documento as conselleiras do Mar e de Medio Natural, Rosa Quintana e Ethel Vázquez; pola USC, o seu reitor, Juan Viaño, e pola Asociación Galega de Cocedoiros de Mexillón (Agacome), o seu presidente, Juan Manuel Suárez.

O convenio promoverá accións para mellorar as augas da cocción “mediante a implantación dos sistemas máis eficaces de depuración de acordo coas mellores tecnoloxías dispoñibles en cada caso particular”, explica a Xunta nun comunicado.

O protocolo terá unha duración de 12 meses e, por el, as empresas comprométense a mellorar as súas instalacións, un avance que será certificado pola Consellaría de Medio Natural, axudado pola do Mar, con cargo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP), e avaliado pola universidade compostelá.

O Goberno sinalou tamén o seu compromiso de publicar unha orde específica para o financiamento destes proxectos, ata un máximo do 60 por cento do investimento, no prazo de tres meses.

O acordo establece os valores-limiar de emisión en dous anexos ou alternativamente serán os resultantes da aplicación das mellores tecnoloxías dispoñibles, de acordo co procedemento de verificación tamén recollido noutro anexo do convenio presentado hoxe. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies