INCENDIOS FORESTAIS

Controlados os incendios forestais de Láncara e Vimianzo

  • .

Controlados os incendios forestais de Láncara e Vimianzo Recurso de archivo

Santiago de Compostela, 14 xul (EFEverde Galego).- A Consellería de Medio Rural informou de que se encontran controlados os incendios forestais rexistrados na parroquia de Ronfe, no municipio lucense de Láncara, e na de Berdoias, no coruñés de Vimianzo.

No primeiro caso, o lume iniciouse ás 19:19 horas de onte e foi controlado ás 04:55 horas desta madrugada, despois de queimar 17 hectáreas arboradas e 3 de superficie agrícola. Na súa extinción traballaron 5 axentes forestais e as dotacións de 14 brigadas, 6 motobombas, unha pá, 4 helicópteros e 7 avións.

No segundo caso, o control logrouse ás 06:00 horas desta madrugada, despois de iniciarse ás 21:26 horas de onte. Queimou 30 hectáreas de monte raso e 11 arboredos e contra el traballaron 4 axentes forestais e as dotacións de 9 brigadas, 5 motobombas e unha pá. EFE

jl/am

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies