Controlados os incendios en Ponteareas

EFEverde en Galego

Controlados os incendios en Ponteareas

Controlados os incendios en Ponteareas Un bombeiro sufoca as chamas dun dos dous incendios detectados en Ponteareas. EFE/Sxenick

EFEverde.-  Os incendios forestais nas parroquias de Padróns e Ribadetea, no municipio pontevedrés de Ponteareas, están controlados desde a pasada medianoite, informaron fontes da Consellería do Medio Rural.

Segundo a última estimación provisional oficial, a superficie afectada superaba as 350 hectáreas.

incendio ponteareas-efe verde

EFE/Sxenick

En vista das dificultades dos labores de extinción, a Xunta solicitou onte a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O dispositivo de extinción incluíu onte a intervención de nove helicópteros.

O vento, con refachos de até 60 quilómetros por hora, dificultou os labores de extinción.

En ambos os casos rexistráronse varios focos simultáneos, polo que se manexa a hipótese de que o lume puidese ser intencionado. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com